8 de Marzo de 2026,
San Juan de Dios

A parroquia de Caldelas de Tui promove un taller de toque de campás

A parroquia de Caldelas de Tui promove un taller de toque de campás
FOTO.- Iglesia de San Martín de Caldelas de Tui | © Diocese de Tui-Vigo

Enmarcado nas festas en honra á Virxe da Rocha, o sábado 30 de agosto, ás 17.30 horas, a parroquia de San Martiño de Caldelas de Tui promove un taller de toque manual de campás para nenos e adultos, organizado pola asociación cultural «Campaneiros de Galicia». Ademais deste taller, a asociación acompañará co repenique de campás a baixada da imaxe da virxe desde a igrexa parroquial ata a capela.

Ao día seguinte á celebración deste taller, o domingo 31 de agosto, festa na honra á virxe da Rocha, a misa solemne será ás 12.30 horas na Ribeira do Miño, seguida de procesión. Finalmente, o luns 1 de setembro, ás 12.00 horas, celebrarase unha eucaristía en honra á virxe do Carme na capela da Nosa Señora do Carme, situada no barrio de O Baño, en Caldelas de Tui.

O venres 22 de agosto, ás 19.00 horas, darán comezo as celebracións en honra á virxe da Rocha co rezo diario do rosario e a novena, seguido da eucaristía no templo parroquial de San Martiño de Caldelas de Tui.