A parroquia de San Martín de Coia conta, desde o pasado domingo 30 de marzo, cun novo cruceiro creado pola Escola de Cantería de Galicia, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra. O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía dominical no templo parroquial e, a continuación, bendixo o novo cruceiro na Praza da Consolación (adro da igrexa). O acto contou coa actuación do grupo de gaitas e pandeiretas «Rueiro de Coia».






