10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A parroquia de Fátima homenaxea ao seu párroco nas súas vodas de ouro sacerdotais

A parroquia de Fátima homenaxea ao seu párroco nas súas vodas de ouro sacerdotais
FOTO.- El sacerdote Juan Luis Martínez es homenajeado por sus bodas de oro sacerdotales | © Diocese de Tui-Vigo

O sábado 27 de xullo, a parroquia da nosa Señora de Fátima en Vigo homenaxeou ao seu actual párroco desde o ano 2007 e vicario xeneral da diocese de Tui-Vigo, Juan Luis Martínez Lorenzo, con motivo da celebración das súas vodas de ouro sacerdotais, é dicir, o 50 aniversario da súa ordenación como presbítero no templo parroquial de Baiona o 28 de xullo de 1974.

A homenaxe comezou coa celebración da eucaristía en acción de grazas polo ministerio sacerdotal de Juan Luis Martínez. Ao termo da misa, o vigairo de pastoral  e párroco da concatedral-basílica en Vigo, José Vidal, fixo entrega dunha carta papal e bendición apostólica con motivo do 50 aniversario sacerdotal.

Finalizada a eucaristía, a celebración continuou no hotel Los Galeones onde familiares, amigos e colaboradores da parroquia compartiron unha comida de confraternización co homenaxeado. Ata alí acudiu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, para felicitar ao párroco de Fátima. Ao finalizar, representantes dos diferentes grupos da comunidade parroquial de Fátima entregaron un cadro do retablo maior do santuario que rexe Juan Luis Martínez, obra do artista Sergio Martínez Álvarez.

Aproveitando o motivo da celebración, á que asistiron o recentemente ordenado bispo tudense e o emérito de Tui-Vigo, a parroquia entregou a Mons. Luís Quinteiro, bispo emérito, un obsequio en recoñecemento aos seus 14 anos á fronte da diocese e, con motivo tamén, das vodas de prata episcopais que o prelado celebrou o pasado mes de xuño.

La parroquia de Fátima en Vigo celebra las bodas de oro sacerdotales de su párroco | © Diocese Tui-Vigo
« de 12 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp