20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

A parroquia de Mondariz-Balneario celebra a festa na honra á virxe de Lurdes

A parroquia de Mondariz-Balneario celebra a festa na honra á virxe de Lurdes

O 11 de febreiro, festividade da Nosa Señora de Lurdes, ás 19.00 horas, a parroquia de Mondariz-Balneario  celebra unha eucaristía solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, para celebrar a festa en honra á súa patroa. Tras a celebración, levará a cabo a procesión das velas. Ás 11.00 horas, tamén haberá misa por todos os enfermos.

Desde o pasado 3 de febreiro, a parroquia da Nosa Señora de Lurdes en Mondariz-Balneario  prepárase para esta festa en honra á súa patroa, co rezo diario da novena. Ademais, desde entón, ofrece a oportunidade de achegarse ao sacramento da Reconciliación todos os días da novena, media hora antes da misa; mañá, 11 de febreiro, tamén haberá sacerdotes dispoñibles para administrar este sacramento do Perdón media hora antes da celebración da mañá e da tarde.