15 de Febreiro de 2025,
San Claudio de la Colombière

A parroquia de San Francisco de Asís organiza o II retiro de Emaús para homes

A parroquia de San Francisco de Asís organiza o II retiro de Emaús para homes
FOTO.- Eucaristía de clausura de un retiro de Emaús para hombres en la capilla del colegio maristas Santa María de Tui | © Diocese de Tui-Vigo

Do 15 ao 17 de novembro, a parroquia de San Francisco de Asís en Vigo organiza o II retiro de Emaús para homes no colexio maristas Santa María de Tui. Esta iniciativa, que está inspirada na pasaxe dos discípulos de Emaús recolleito nos Evanxeos, está dirixida a todo o mundo, con independencia da súa situación persoal, e constitúe un bo instrumento de apostolado encamiñado a espertar e dinamizar a vida de diocese e parroquias, xa que, unha vez finalizado o retiro, realízanse reunións semanais para vivir e alimentar a fe en comunidade.

inscrición a este retiro de Emaús ten un custo de 160 euros por persoa en cuarto dobre. Os homes maiores de 30 anos interesados en participar neste retiro de Emaús deben encher o seguinte formulario on-line. Para máis información, poden poñerse en contacto a través do correo electrónico emaushombressfcodeasisvigo@gmail.com.

Os retiros de Emaús  nacen en 1978 nunha parroquia de Miami en EEUU da man do seu párroco, David Russel, e unha freguesa chamada Mirna Gallager, quen lle propón facer algo con outros cinco fregueses. Na oración descobren esta pasaxe de Emaús e así xorde o primeiro retiro en 1978. A partir de aí foise estendendo en EEUU, Sudamérica e Europa, chegando a España (Madrid) en 2010 e expandíndose por toda España —A Coruña será a primeira cidade galega en sumarse a esta iniciativa en 2019—.