9 de Agosto de 2026,
Santa Teresa Benedicta de la Cruz

A parroquia de San Martiño de Caldelas de Tui acolle o próximo retiro para sacerdotes

A parroquia de San Martiño de Caldelas de Tui acolle o próximo retiro para sacerdotes

O vindeiro mércores 5 de agosto, ás 11.00 horas, a parroquia de San Martiño de Caldelas de Tui acolle o segundo retiro para sacerdotes que a Vigairía para o Clero organiza durante o verán. Ao finalizar, haberá oportunidade de participar nunha comida de confraternización comunicándoo previamente a José Diéguez Dieppa, vigairo para o Clero de Tui-Vigo.

O obxectivo destes encontros é compartir un intre de oración e confraternización entre o clero diocesano durante os meses estivais de xullo, agosto e setembro. O último dos encontros terá lugar no santuario da Nosa Señora da Franqueira , o mércores 2 de setembro, tamén ás 11.00 horas.

Ademais destes retiros durante o verán, cada ano, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo encárgase de organizar unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes. Tamén promove a participación nas xornadas de formación permanente para sacerdotes que teñen lugar en Poio durante o mes de setembro, e que son posibles grazas ao traballo conxunto das delegacións do Clero da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.