Este domingo 25 de xaneiro, día no que celebramos a festividade da conversión do apóstolo San Paulo, o bispo de Tui Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a Santa Misa na igrexa parroquial de San Pablo de Vigo (c/San Roque 124), ás 12H.
FESTA DA CONVERSIÓN DE SAN PAULO
O 25 de xaneiro de cada ano os fieis celebramos a conversión de San Paulo, un dos grandes exemplos acerca da misericordia divina e infinita de Deus. Ao longo da historia, Deus nos regalou conversións verdadeiramente incríbles, e a de Paulo, un perseguidor de cristiáns convertido en apóstolo, é sen dúbida unha delas.