A parroquia de San Xoán de Tabagón no Rosal celebra o segundo centenario da súa creación no marco das festas en honra ao seu patrón. Con motivo desta efeméride, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá a eucaristía solemne no templo parroquial, o 24 de xuño, ás 12.00 horas.
O 15 de xuño, comezarán os actos relixiosos en honra a santo Juan Bautista co rezo da novena seguida coa misa en honra ao santo, todos os días ás 18.30 horas.
O 24 de xuño, solemnidade da natividade de san Xoán Bautista e celebración do segundo centenario do templo parroquial, haberá misa ás 10.30 horas. Ese mesmo día, pero ás 12.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, acompañado polos sacerdotes do arciprestado A Guarda-Tebra, presidirá a misa solemne, que será harmonizada pola coral «Ecos de Folón». A continuación, haberá procesión coas imaxes da virxe da Santísima Saúde e de san Xoán Bautista e, ao terminar, descubrirase e bendirá a placa recordatorio do segundo centenario do templo parroquial.
A parroquia foi instituída como tal no ano 1804 polo bispo Juan García Benito, comezando as obras de construción desta igrexa no ano 1812 e concluíndo en 1.825. O 31 de marzo do ano seguinte (1826), terminadas a edificación, tomou posesión o seu primeiro párroco: D. Manuel Francisco Troiteiro.