1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

A parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita prepárase para celebrar á súa patroa

A parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita prepárase para celebrar á súa patroa

O próximo 22 de maio, celébrase a festividade de Santa Rita e, para celebralo, a parroquia viguesa de San Xosé Obreiro e Santa Rita organiza unha novena na súa honra a partir deste xoves, 13 de maio.

De luns a venres, haberá rezo do rosario e novena, pola mañá, ás 10:30  h e, pola tarde, ás 19:30 h, seguido en ambas as ocasións da eucaristía. Durante a fin de semana, sábado e domingo a novena celebrarase ás 19:30 horas despois do rezo do rosario e seguida da misa; no caso do domingo, durante a mañá, haberá misas ás 10 e ás 12 horas, pero só rezarase a novena antes da misa das 12  h.

O día 22, festividade de Santa Rita, o templo permanecerá aberto desde as 07:30 ás 14 horas e de 16:15 a 21:30 horas. Haberá misas cada hora ao longo de todo o día: pola mañá, ás 08:00, 09:00, 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 do medio día; pola tarde, ás 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. As persoas que o necesiten poderán recibir o  sacramento da Reconciliación durante toda a xornada.

Desde a parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita, lembran a importancia de manter as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias con motivo da pandemia da  Covid-10 —uso de máscara e xel  hidroalcóholico, que estará dispoñible na entrada, e respectar o aforo e as distancias de seguridade en todo momento—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp