17 de Marzo de 2026,
San Patricio

A parroquia de Santiago de Vigo restaura a súa pila bautismal

A parroquia de Santiago de Vigo restaura a súa pila bautismal
FOTO.- El obispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, junto al párroco José Antonio Marzoa, bendice la pila bautismal | © Parroquia Santiago el Mayor de Vigo

Coincidindo coa solemnidade litúrxica do Bautismo de Jesús, que a Igrexa celebrou o domingo 12 de xaneiro, a parroquia de Santiago o Maior de Vigo inaugurou a súa, recentemente, restaurada pila bautismal. Durante a eucaristía da tarde que estivo presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, realizouse  a bendición desta pila.

Grazas á xenerosa colaboración dos fieis da parroquia foi posible recadar o diñeiro necesario para poder reparar esta pila bautismal, que, de agora en diante, dará a benvida a todos aqueles que, a través do sacramento do Bautismo, desexen formar parte da familia da Igrexa. O párroco, José Antonio Marzoa, explica que, tras as obras de restauración das sancristías, «”rescatamos” pila en dúas pezas e en bastante bo estado» e, así, encargaron o proxecto de recuperación á empresa viguesa Acanto.

Datada no ano 1910 e situada, orixinalmente, no baptisterio do templo, a pila bautismal da parroquia de Santiago o Maior de Vigo é de mármore, sinxela e elegante. Con motivo da instalación do sistema de calefacción na igrexa, a mediados dos anos 50, tivo que ser retirada e substituída por unha portátil que foi empregada ata a actualidade.