Con motivo da solemnidade do Apóstolo Santiago, este domingo, 25 de xullo, a parroquia viguesa de Santiago o Maior celebra o triduo na honra do seu patrón. Desde o 22 e ata o 24 de xullo, haberá exposición do Santísimo e oracións propias do triduo ás 20 horas, seguidas da eucaristía.
O sábado, 24 de xullo, durante a misa das 20:30 hrs, rezaranse as vésperas solemnes en honra a Santiago o Maior. Ao día seguinte, domingo, 25 de xullo, solemnidade do Apóstolo, haberá misas ás 10:30 hrs, 12:30 hrs. e 20:30 hrs. A eucaristía solemne, que se celebrará ás 12:30 hrs, contará coa participación do Coro clásico de Vigo dirixido por Joaquín Carvajal.
Para respectar as medidas e protocolos recomendados polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19, os aforos serán limitados e será obrigatorio o uso de máscara e xel hidoalcohólico.