25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A parroquia de Santiago o Maior organiza tres charlas para o tempo de Coresma

A parroquia de Santiago o Maior organiza tres charlas para o tempo de Coresma
Foto: Exterior del templo parroquial de Santiago el Mayor de Vigo | © Santiago Vega

Do 21 ao 23 de febreiro, ás 20.15 horas —ao termo da misa—, a parroquia e a confraría de Santiago o Maior en Vigo organiza tres charlas coresmais para «achegarnos a Deus e “quentarnos” nesta Coresma», pensando nas próximas festas de Pascua. O encargado de impartir estas charlas será o sacerdote José Benito Cabaniña Magide, natural de Vigo.

«A revelación» é o título da primeira charla que se impartirá o mércores 21, durante a que se falará sobre como Deus sae ao encontro do home, expoñeranse as diferentes alianzas de Dios cos homes e a preparación para a vinda do Salvador. Ao día seguinte, baixo o título «A chegada do Salvador a esta terra», o sacerdote José benito Cabaniña departirá sobre o Evanxeo do Reino de Dios, os milagres de Jesús e a revelación de Dios como Pai. Finalmente, o venres, as benaventuranzas e a elección dos doce para preparar a Igrexa serán os temas que protagonizarán a terceira e última charla titulada «Jesús, a nova lei».

O sacerdote José Benito Cabaniña, natural de Vigo, é licenciado en Ciencias da Información e doutor en Teoloxía pola Universidade de Navarra. En 1972, foi ordenado sacerdote e desde entón desempeñou as súas tarefas docentes e pastorais en Roma —como profesor de Ética e Teoloxía Moral—, Valladolid e Madrid. Autor de múltiples obras, entre os títulos máis recentes destacan: Jesucristo paso a paso (Ediciones Rialp, 2022), La poesía de Dios. Orar con los Salmos (Palabra, 2020) o Dios habla bajito. Claves para escuchar a Dios (Palabra, 2019).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp