Coincidindo coa festa da Presentación do Señor, o venres 2 de febreiro, ás 20 horas, o templo parroquial de Santo Antonio da Florida acolle a celebración diocesana da Xornada Mundial da Vida Consagrada, que, este ano, a Igrexa celebra baixo o lema «Aquí estou, Señor, facer a túa vontade». A eucaristía estará presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza.
Na súa mensaxe publicada con motivo desta xornada, os bispos da Conferencia Episcopal Española sinalaron que o «Aquí estou!», con toda a súa forza, convértese en «Aquí estamos!». Neste sentido, afirman que «non só porque onde un cristián di “eu” está a dicir “nós”, senón porque o nós eclesial e de Vida Consagrada do momento que vivimos convídanos a ofrecernos e dispoñernos a buscar, procurar e facer a vontade divina como comunidade, dentro do pobo de Dios en camiño».