Ás 12.00 horas do venres, 13 de decembro, festa de Lucía de Siracusa, a parroquia de Santa Mariña de Vincios , no concello de Gondomar, honra a esta martir do século IV cunha eucaristía solemne harmonizada polo grupo «Alégresvos do Val Miñor » e seguida de procesión coa imaxe da santa. Ao longo de todo o día, haberá misas na capela de Santa Lucía: pola mañá, ás 07.00, 08.00, 09.00, 10.00, 11.00 e 12.00 (solemne); e, pola tarde, ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a eucaristía das 17.00 horas.
Previamente á festa, o 4 de decembro, comezará o rezo da novena en honra a santa Lucía, previamente á eucaristía das 19:00 horas —antes rezarase o rosario—. O xoves 12, celebrarase a misa polos defuntos das comisións de festas de santa Lucía.