O 9 de xuño, a comunidade parroquial da Nosa Señora do Carme en Vigo acolleu a celebración de toma de posesión do seu novo párroco: o sacerdote carmelita, Antonio González López, OCD, cuxo nomeamento foi publicado o pasado 1 de xuño. O bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía no templo parroquial do Carme.
Previamente á celebración da misa, organizouse un pequeno encontro nos salóns parroquiais para agradecer o labor que, ata o de agora, realizaron o padre Pedro, como párroco, e o padre Leoncio nesta comunidade parroquial da cidade olívica. Este encontro tamén foi unha oportunidade para dar a benvida ao P. Antonio.





