A comunidade de padres Carmelitas Descalzos da parroquia da Nosa Señora do Carme en Vigo pon en marcha un taller de Canto e Guitarra dirixido a todas aquelas persoas que desexen aprender ou mellorar as súas habilidades musicais ao servizo da liturxia e da vida da comunidade cristiá. A iniciativa busca formar novos animadores que contribúan a enriquecer as celebracións e fomentar a participación activa dos fieis.
O taller desenvolverase do 20 de xullo ao 14 de agosto de 2026, con sesións os luns, mércores e venres, en horario de 17.30 a 19.00 horas, nas instalacións da parroquia do Carme en Vigo. Os organizadores lembran aos participantes a conveniencia de levar a súa propia guitarra para aproveitar ao máximo as clases prácticas.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición contactando co P. Julio no teléfono 603 408 994 ou a través do correo electrónico almansajulio1966@gmail.com.
A música, un servizo á liturxia
A música ocupa un lugar privilexiado na liturxia de la Iglesia, xa que non constitúe un mero acompañamento, senón unha auténtica forma de oración que axuda á asemblea para participar de maneira máis plena, consciente e activa na celebración dos misterios da fe. Unha adecuada formación musical de quen anima o canto favorece a beleza da liturxia, fortalece a comuñón da comunidade e contribúe a que a celebración exprese con maior profundidade a riqueza espiritual do culto cristián.