19 de Febreiro de 2026,
Beato Álvaro de Córdoba

A parroquia do Corazón de María acolle a obra de teatro «Pedro, o pescador de homes»

A parroquia do Corazón de María acolle a obra de teatro «Pedro, o pescador de homes»

O sábado 29 de novembro, ás 18.00 horas, os locais parroquiais do Corazón de María en Vigo acollen a representación da obra «Pedro, o pescador de homes», interpretada polo grupo de teatro de Pontevedra «Arume». A entrada ten un custo de 5 euros que serán destinados ao proxecto «Fame cero en Haití e República Dominicana», promovido pola Fundación Proclade para axudar ao desenvolvemento agrícola dos habitantes desta fronteira de tanta tensión e pobreza.

A Fundación Proclade é unha organización non gobernamental promovida polos Misioneiros Claretianos que leva 29 anos traballando para erradicar as situacións de desigualdade en todo o mundo e contribuír á mellora da vida das persoas máis vulnerables do planeta. Na actualidade, conta con 18 delegacións en España, Francia e Suíza e con máis de 200 persoas voluntarias e máis de 1.600 persoas colaboradoras e doantes que contribúen coas súas achegas económicas, co seu tempo e traballo, ao desenvolvemento dos proxectos e accións da nosa organización.