29 de Abril de 2025,
Santa Catalina de Siena

A parroquia do Sagrado Corazón en Vigo organiza un curso de Biblia

A parroquia do Sagrado Corazón en Vigo organiza un curso de Biblia

Durante todos os xoves do mes de febreiro, a parroquia do Sagrado Corazón de Xesús en Vigo organiza un curso de Biblia, que impartirá o profesor e doutor en Sagrada Escritura, Antonio Menduiña. As sesións, que terán unha periodicidade semanal, comezarán o xoves, 6 de febreiro, ás 20.30 horas.

Nesta ocasión, os encontros versarán sobre «O libro dous salmos», anteriormente abordouse diferentes temáticas como os milagres de Xesús ou o papel da muller na Biblia. A iniciativa, que se desenvolveu durante os últimos anos de forma anual, quere  favorecer a formación dos laicos que colaboran diariamente nos labores da comunidade parroquial.

A parroquia do Sagrado Corazón anima a participar nesta actividade aberta e gatuita para todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre a Palabra de Deus. Para máis información, os interesados poden poñerse en contacto a través da canle de WhatsApp da parroquia ou meidante o correo electrónico: corazonxesus@diocesetuivigo.org.