22 de Xullo de 2024

,

Santa María Magdalena
22 de Xullo de 2024

,

Santa María Magdalena

A parroquia-santuario de Fátima en Vigo honra á súa patroa

A parroquia-santuario de Fátima en Vigo honra á súa patroa

A parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo celebra a festa da súa patroa a virxe, que a Igrexa conmemora litúrxicamente cada 13 maio, aínda que, previamente, está previsto unha serie de actos preparatorios que comezarán o xoves 4 de maio. A procesión coa imaxe da virxe será o sábado 13 de maio, ao termo da eucaristía solemne que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, ás 19.30 horas. 

Desde o xoves 4 de maio, a parroquia rezará a novena nahonra á virxe previamente á celebración da misa: de luns a venres, ás 9.00, 12.00 e 19.00 horas; e o domingo ás 10.00, 11.00, 12.00, 13.00 e 19.00 horas.

Ademais do rezo da novena, o domingo 7 de maio, ás 11.00 horas, realizarase a consagración dos nenos e nenas á virxe de Fátima e, posteriormente, ás 12.00 horas celebrarase a misa polos enfermos. O venres 12, ás 19.30 horas, Adoración Nocturna tamén organizará unha vixilia de adoración.

O 13 de maio, día da festa da nosa Señora de Fátima, haberá misas ao longo de todo o día: pola mañá, ás 8.00, 9.00, 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 horas; e, pola tarde, ás 16.30, 17.30, 18.30, 19.30 e 22.00 horas. A misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, será ás 19.30 horas, seguida de procesión coa imaxe da virxe polas rúas da cidade olívica.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp