O sábado 28 de setembro, a capela do Hospital Povisa en Vigo acolleu a eucaristía de acción de grazas, concelebrada polo capella, Juan José Perea, e o delegado de Pastoral da Saúde de Tui-Vigo, J. Benito Rodríguez, para agradecer o labor que, durante sete anos, realizou a relixiosa Carmelita da Caridade Vedruna, a Irmá Alegría, como coordinadora do servizo relixioso deste hospital. Unha representación do voluntariado da Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo, así como o delegado diocesano, J. Benito Rodríguez, e o capelán de Povisa acudiu á celebración para acompañar a esta relixiosa que foi destina pola súa congregación a Sevilla, onde continuará o seu labor evanxélico entre quen máis sofren.
A diocese de Tui-Vigo, a través da delegación de Pastoral da Saúde, ofrece un servizo de acompañamento e escoita para todos os enfermos e para as súas familias, que así o desexen nos diferentes hospitais do territorio diocesano. Ademais, como parte deste servizo relixioso, os sacerdotes achegan aos sacramentos da Reconciliación, da Eucaristía e da Unción dos Enfermos.