17 de Marzo de 2026,
San Patricio

A Pastoral da Saúde organizou un encontro de inicio de curso en Vigo

A Pastoral da Saúde organizou un encontro de inicio de curso en Vigo

O mércores 9 de outubro, nos locais parroquiais do Perpetuo Socorro, a delegación de Pastoral da Saúde organizou un encontro para todos os responsables e voluntarios da pastoral da saúde das parroquias do Concello de Vigo. Así, ofrece un espazo para compartir experiencias e crear lazos de unión entre os voluntarios das diferentes parroquias; o encontro tamén foi unha oportunidade para dar a coñecer a programación da delegación prevista para os próximos meses.

En total, asistiron representantes de 14 parroquias de Vigo que conta con este servizo de Pastoral da Saúde, ás que se suman dúas novas comunidades parroquiais que, durante este curso, poñerán en marcha este servizo de acompañamento e atención a persoas enfermas e ás súas familias. 

Ao longo do presente curso, a delegación de Pastoral da Saúde da diocese de Tui-Vigo programou unha serie de encontros  en diferentes zonas do territorio diocesano para promover as diversas propostas no ámbito da saúde e para poñer en contacto aos diferentes voluntarios. En concreto, están previstos os seguintes encontros:

  • Sábado 9 de novembro, ás 10.00 horas, na capela da nosa Señora dos Milagros, no Porriño.
  • Sábado 23 de novembro, ás 10.00 horas, lugar pendente de confirmación.
  • Sábado 25 de xaneiro, ás 10.00 horas, en San Xoán de Tabagón .
  • Sábado 1 de febreiro, ás 10.00 horas, lugar pendente de confirmación.
  • Sábado 8 de febreiro, ás 10.00 horas, na parroquia da nosa Señora de Lourdes de Mondariz-Balneario .
  • Sábado 15 de marzo, ás 10.00 horas, na Insua.
  • Sábado 29 de marzo, ás 10.00 horas, en Setados .

Todos os obxectivos, actividades e demais propostas da delegación de Pastoral da Saúde podes consultalas na Programación Pastoral do curso 2024-2025.