25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A Pastoral Familiar convídate a redescubrir o matrimonio nun «roteiro romántico»

A Pastoral Familiar convídate a redescubrir o matrimonio nun «roteiro romántico»
Foto: «Ruta romántica» por la villa de Redondela (2023) | © Leandro Rivero

No marco da «Semana do matrimonio», o venres 16 de febreiro, ás 21 horas, na parroquia de Santa María do Porriño, a delegación de Pastoral Familiar organiza un «roteiro romántico» para parellas, co obxectivo de compartir un intre de reflexión e oración en parella, pero tamén un momento lúdico-festivo con matrimonios de toda a diocese de Tui-Vigo. Ao terminar o roteiro, haberá unha master class de danza. As persoas interesadas en participar poden inscribir a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

A «Semana do matrimonio» é unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, á vez que se pon en valor o sentido e a beleza do sacramento no medio da sociedade actual. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española é a encargada de promover esta proposta a nivel nacional, pero con transcendencia e calado local, adaptándose á realidade de cada dioceses. 

«Forever match, un amor para sempre» é o lema deste ano que convida a converter o match das apps de citas, nun amor para sempre como o de Tomi e Salva, protagonistas da campaña, que se coñeceron en 1973. A través da web de campaña, rememoran a súa viaxe a través do tempo, revelan os segredos do seu matrimonio e relen as cartas que se escribían  entón.

Semana do Matrimonio: «Forever match, un amor para sempre»

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp