20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

A Pastoral Familiar de Galicia ofrece unha formación sobre acompañamento do matrimonio, en Vigo

A Pastoral Familiar de Galicia ofrece unha formación sobre acompañamento do matrimonio, en Vigo

Vigo acolle o próximo encontro de formación para axentes pastorais que organizan as cinco delegacións de Pastoral Familiar da provincia eclesiástica de Galicia sobre o acompañamento do matrimonio —as persoas que non poidan asistir á modalidade presencial poderán seguilo on-line—. O profesor e sacerdote franciscano, Miguel da Mata, impartirá  a formación, o sábado 21 de xaneiro, ás 10.30 horas, nos locais parroquiais da nosa Señora do Rocío.

A delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo explica que, partindo das bases bíblico-teolóxicas e as psico-sociolóxicas, «a pastoral de acompañamento á parella comeza co recoñecemento das  realidades humanas que poñen o foco no amor —nas súas diferentes formas— e das múltiples posibilidades e riscos da vida matrimonial». Así, as persoas que asistan continuarán a formación ampliando a comprensión das situacións que requiren coidado pastoral da parella, pero tamén poderán descubrir cales son as competencias e destrezas necesarias para tal coidado —no ámbito matrimonial como no pre-matrimonial— e coñecerán algúns recursos prácticos para o acompañamento da parella.

Esta xornada de formación é froito do encontro interdiocesano que, a finais do mes de setembro de 2022, reunión a medio centenar de axentes de pastoral familiar das dioceses galegas que iniciaron o seu proceso de formación sobre o acompañamento, piar fundamental da tarefa pastoral.

Sobre Miguel de la Mata Merayo, OFM

Naceu en Ponferrada (León) en agosto de 1966. En 1987, comezou os seus estudos de Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e, posteriormente, licenciouse en Ciencias da Educación —na especialización de Pedagoxía para a Formación Relixiosa— na Pontificia Universidade Salesiana de Roma. Na actualidade, compaxina as súas responsabilidades como sacerdote franciscano coas súas tarefas como profesor de Teoloxía Pastoral en Instituto Teolóxico Compostelán.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp