28 de Febreiro de 2024

,

Santos Mártires de Alejandría
28 de Febreiro de 2024

,

Santos Mártires de Alejandría

A Pastoral Familiar organiza o encontro «Construíndo familia»

A Pastoral Familiar organiza o encontro «Construíndo familia»

O sábado 20 de xaneiro, ás 10.30 horas, nos locais parroquiais da Nosa Señora do Rocío en Vigo, a delegación de Pastoral Familiar da diocese convoca o encontro «Construíndo familia» que, nesta ocasión, pivotará sobre a comunicación e será impartido pola directora da Oficina de Medios de Comunicación Social de Tui-Vigo, Carolina Buceta.

«Construíndo familia» é unha iniciativa dirixida a todos os axentes de pastoral da diocese que se dedican a coidar e acompañar o crecemento das familias, pero, especialmente, pensado para aqueles que se encargan de formar a futuros matrimonios a través dos cursos prematrimoniais —paso previo que deben realizar as parellas, antes de recibir o sacramento do Matrimonio—. Ao longo de todo o curso, a delegación de Pastoral Familiar convoca tres sesións co obxectivo de profundar en diferentes temas que poidan axudar a formación de novos e veteranos axentes de pastoral —segrares e sacerdotes—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp