1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui
1 de Decembro de 2024

,

Dedicación de la S.I. Catedral de Santa María de Tui

A Pastoral Xuvenil e Universitaria ofrece un plan de Coresma para a mocidade

A Pastoral Xuvenil e Universitaria ofrece un plan de Coresma para a mocidade
Foto: Entre las actividades ofertadas se anima a los jóvenes a involucrarse en la vida de la diócesis.

«Camiño a Xerusalén». Así titulou a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo o seu plan de actividades de Coresma para mozos e mozas, co obxectivo de ofrecer opcións para que a mocidade poida aproveitar este tempo no que a Igrexa se prepara para celebrar o gran misterio da fe, que se manifestará a través da Semana Santa.

Entre a oferta, destaca o “retiro de Coresma” no mosteiro de Santa María a Real de Oseira (Ourense) previsto para a primeira fin de semana de abril, do 1 ao 3, que estará dirixido polo sacerdote e reitor do Seminario Maior San Xosé, Ángel Carniceiro. Esta curta, pero intensa experiencia, quere converterse nun espazo de silencio no que os participantes poidan aprender a escoitar a voz de Deus a través da oración e a lectura da Biblia, seguindo o exemplo marcado por San Ignacio de Loyola nos seus exercicios espirituais.

Desde a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria, tamén animan aos mozos e mozas a sentirse parte da diocese. Por iso, neste plan hai cabida para actividades desenvolvidas en colaboración con outras delegacións diocesanas como o Encontro Vocacional, organizada pola delegación de Pastoral Vocacional, ou as “24 horas para o Señor”, coordinada desde a Vigairía de Pastoral.

No caso concreto do Encontro Vocacional do próximo sábado, 12 de marzo, distintos membros da delegación de Pastoral Xuvenil impartirán un taller sobre como acompañar as diferentes vocacións no ámbito da Pastoral Xuvenil. Nese acompañamento que a delegación vén realizando desde hai anos, destaca o espazo creado no templo parroquial do Corazón de María coa Oración Nova, na que, cada mércores, medio centenar de mozos reúnense para adorar a Jesús Eucaristía. 

Ás portas da Semana Santa, o venres 8 e o mércores 13 de abril, haberá dúas actividades que pretenden axudar aos mozos para penetrarse no  Triduo Pascual: a primeira, un  via crucis animado coa música do grupo  Hakuna de Vigo, ás 20 horas na concatedral-basílica de Vigo; e, o mércores ás 21 horas, a Oración Joven no templo parroquial do Corazón de María.

A excepción do “retiro de Coresma”, todas as actividades serán gratuítas e de libre acceso ata completar aforo —non será necesario inscrición previa—. Para o retiro, os interesados deberán encher o seguinte formulario online e abonar un custo individual de 60€/persoa co que se custearán os gastos no mosteiro —comida e aloxamento—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp