“A pax sexa contigo!”. Estas son as palabras iniciais da mensaxe do Papa León XIV, na 59ª Xornada mundial da Paz que se celebra o 1º de xaneiro. Na súa mensaxe titulada A paz sexa con todos vos: cara unha paz “desarmada e desarmante”, o Papa lémbranos as palabras do Evanxeo de san Xoan, cando o Resucitado saúda aos seus discípulos: «Paz convosco» (Xn 20,19). Esa bendición, lembra o texto, non está dirixida só aos crentes, senón que ofrecese como don universal: «Para todos: crentes, non crentes, líderes políticos e cidadáns». Trátase dun recordatorio de que a construcción da paz é tarefa compartida, un compromiso que involucra a cada persoa e a cada comunidade na creación dun futuro humano e pacífico.
Na súa mensaxe o Papa convídanos a rexeitar a lóxica da violencia e a guerra, e a abrazar unha paz auténtica baseada no amor e a xustiza. León XIV avoga por unha paz que non dependa das armas, senón que desarme a violencia interna e transforme as relacións. Esta paz —di o Papa León— debe ser desarmada, por canto non se afirma no medo, as ameazas nin as armas. E debe ser desarmante, capaz de transformar os conflitos dende o corazón e a creación dun ambiente de confianza mutua e esperanza. “Non basta con pedir a paz; debemos encarnala nun estilo de vida que rexeite toda forma de violencia, xa sexa visible ou sistémica”.
Podes ler o texto íntegro de Mensaxe 59ª Xornada mundial da Paz