9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

A procesión do Cristo volveu ás rúas de Vigo

A procesión do Cristo volveu ás rúas de Vigo
Foto: Tras dos años de parón a causa de la pandemia de la Covid-19, la imagen del Cristo de la Victoria ha vuelto a recorrer las calles de Vigo | © Santi Vega

O Cristo da Vitoria volveu saír en procesión o domingo 7 de agosto en compañía do actor vigués Manuel Manquiña, que portou o estandarte do Cristo e retomando o seu percorrido por cálea Príncipe e atravesando a recentemente humanizada Porta do Sol. Así, saíu da concatedral-basílica, baixou a Rúa Real, continuou polo Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Príncipe e concluíu o seu percorrido na Porta do Sol. Estivo acompañada en todo momento pola banda de música Unión Musical de Coruxo e coa soprano Begoña Salgueiro ao seu paso polo Berbés.

O médico traumatólogo e membro da confraría do Santísimo Cristo da Vitoria, José Ricardo Troncoso, foi o encargado de realizar o pregón deste ano nos xardíns do Pazo de Castrelos, a véspera da festa. Ese mesmo día, pero pola tarde, a Orquestra Clásica de Vigo estreou unha versión do himno preparada para a ocasión, coincidindo coa celebración do centenario do himno.

Previamente á celebración desta festa do Santísimo Cristo da Vitoria, desde o 29 de xullo e ata o sábado 6 de agosto, celebrouse a novena en honra ao Cristo, coa participación dunha coral diferente que diariamente animou a liturxia de cada eucaristía.  Entre as corais participantes, concedeuse a distinción de confrade de honra á Coral Casabranca por axudar a manter a tradición e acompañar á Confraría.

Galería de fotos da procesión do Santísimo Cristo da Vitoria

Santísimo Cristo de la Victoria | © Marta G. Brea
La imagen del Cristo descendió del presbiterio de la concatedral-basílica tras dos años sin procesión.
« de 12 »

Homilía de Mons. Luis Quinteiro

Texto íntegro da homilía pronunciada polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro durante a misa solemne do Cristo da Vitoria.

Alocución de Mons. Luis Quinteiro

Durante a procesión, Mons. Luís Quinteiro pronunciou estas palabras na Porta do Sol en honra ao Cristo da Vitoria.

Galería de fotos do descendemento do Cristo

Santísimo Cristo de la Victoria | © Marta G. Brea
La imagen del Cristo descendió del presbiterio de la concatedral-basílica tras dos años sin procesión.
« de 12 »

Pregón do Cristo da Vitoria

O cirurxián José Troncoso foi designado pregoeiro do Cristo da Vitoria nunha ano especial no que a procesión volveu ás rúas da cidade.

A festa do Cristo da Vitoria en vídeo

A festa do Cristo da Vitoria nalgúns medios de comunicación

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp