11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

A programación diocesana regresa a COPE Vigo

A programación diocesana regresa a COPE Vigo

Tras o parón estival, a partir do venres 6 de setembro, regresa unha nova tempada da programación local da Igrexa diocesana na cadea COPE, que desenvolve a delegación diocesana de Medios de Comunicación Social: O espello de Tui-Vigo e o Igrexa Noticia. Cada semana, poderase seguir en directo a través do dial 87.8 FM ou na web de COPE.

Ambos os programas poderanse escoitar en diferido a través da web diocesana, onde se publicarán tras a emisión en directo.

Ademais, as delegacións de Medios de Comunicación Social de Galicia continuarán coa programación rexional iniciada o curso anterior. Así, o primeiro venres de cada mes, emitirase un programa conxunto do espello para toda a comunidade galega, no que se contarán as noticias máis destacadas do ámbito interdiocesano.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp