9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

A Ramallosa acolle o encontro do Apostolado da Oración

A Ramallosa acolle o encontro do Apostolado da Oración
FOTO.- Iglesia parroquial de Santa Cristina de A Ramallosa | © Turismo de Galicia.

O domingo 1 de decembro, primeiro domingo de Advento, ás 17:00 horaso templo parroquial de Santa Cristina da Ramallosa acolle o encontro da Rede Mundial de Oración do Papa —máis coñecido como Apostolado da Oración— para todas aqueles que teñen vinculación con esta Rede e, especialmente, para as persoas do Miñor que desexen coñecer máis sobre esta iniciativa. O encontro será tamén unha oportunidade para coñecerse e distribuír os carteis coas intencións de oración do papa Francisco para o ano 2025.  

A Rede Mundial de Oración do Papa é unha Obra Pontificia, que ten como misión mobilizar aos católicos pola oración e a acción, ante os desafíos da humanidade e da misión da Igrexa. Estes desafíos preséntanse en forma de intencións de oración confiados polo Papa a toda a Igrexa. A súa misión inscríbese na dinámica do Corazón de Xesús, unha misión de compaixón polo mundo.

Foi fundada en 1844 como Apostolado da Oración. Está presente en 89 países e intégrana máis de 22 millóns de católicos. Inclúe a súa rama de mozos e mozas, o Movemento Eucarístico Xuvenil (MEJ).

En decembro 2020 o papa constituíu esta obra pontificia como fundación vaticana e aprobou os seus novos estatutos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp