O próximo 7 de xuño á 18.30 h. na Escola Municipal de Artes e Oficios (Rúa de García Barbón, 5).
A Real Fábrica de Tapices (RFT)inaugurará, por primeira vez en Vigo, o seu Seminario: «Conservación e Restauración do Patrimonio Téxtil de Irmandades e Confrarías». O evento, que contou coa colaboración do Concello da cidade,terá lugar o próximo 7 de xuño ás 18:30 horas, na Escola Municipal de Artes e Oficios.
A presentación correrá a cargo do director da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker, que explicará a orixe, a evolución e os principais personaxes que configuraron a Historia da Real Fábrica de Tapices.
A continuación, a directora de Restauración da RFT, Verónica García, abordará o proceso de conservación e restauración de téxtiles históricos. Ademais de achegar algúns consellos sobre conservación preventiva de téxtiles e explicar algúns exemplos de restauracións levadas a cabo na RFT.
Por último, Almudena López, especialista en Tinguiduras da Institución, destacará a importancia da tinguidura e a avaliación da cor nos procesos de restauración téxtil. Tamén revelará as claves do proceso de tinguidura na Real Fábrica de Tapices onde sustentabilidade, reversibilidade e respecto pola peza orixinal son cuestións fundamentais.