19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

A reflexión e a oración do Papa Francisco na Solemnidade da Inmaculada Concepción

A reflexión e a oración do Papa Francisco na Solemnidade da Inmaculada Concepción

Con ocasión da Solemnidade da Inmaculada Concepción da Virxe, o Papa invitou aos presentes na Praza de San Pedro durante a súa alocución previa á oración do Ángelus a que “a festa da Nai nos axude a facer de toda a nosa vida un si a Deus, un si feito de adoración a El e de xestos cotidiáns de amor e de servizo”

Malia que o Advento nos convida a esperar no cumprimento da promesa de Deus, o Santo Pai indicou que a festa de hoxe nos anuncia algo que xa se ten cumprido na persoa e na vida da Virxe Maria: “Deste cumprimento nós hoxe consideramos o comezo, que é incluso antes do nacemento da Nai do Señor. De feito, a súa inmaculada concepción lévanos a ese preciso momento no que a vida de María comezou a palpitar no seo da súa nai: xa aí estaba presente o amor santificante de Deus, preservándoo do contaxio do mal que é a herdanza común da familia humana”.

O Papa Francisco, comentando o Evanxelio que a liturxia presenta este II Domingo de Advento, dixo que “Deus a pensou e a amou sempre, no seu plan inescrutable, como unha criatura chea de gracia, é dicir, chea do seu amor. Mais para encherse é necesario facer espazo, baleirarse, facerse a un lado. Xustamente como fixo María, que soubo escoitar a Palabra de Deus e confiar totalmente na súa vontade, acolléndoa sen reservas na súa propia vida”. Ademais, o Papa detívose a considerar que María non se perde en razoamentos, non pon obstáculos ao Señor, senón que confiou na súa Palabra deixando espazo á acción do Espírito Santo: “Pon inmediatamente a disposición de Deus todo o seu ser e a súa historia persoal, para que sexa a Palabra e a vontade de Deus a plasmalos e levar a cumprimento. Así, en perfecta sintonía co designio de Deus sobre ela, María convértese na ‘toda bela’, na ‘toda santa’, mais sen a mínima sombra de compracencia. É unha obra mestra, pero sigue sendo humilde, pequena, pobre. Nela reflíctese a beleza de Deus que é todo amor, gracia, don de si”.

Antes de concluír a súa alocución, subliñou a palabra coa que María se define a si mesma na súa entrega a Deus, asumindo a actitude de servizo e atención ás necesidades dos demais: profésase “a escrava do Señor”. “A dispoñibilidade a Deus –concluíu o Pontífice– atópase na vontade de asumir as necesidades do próximo. Todo isto sen clamor e sen ostentación, sen procurar lugares de honra, sen publicidade, porque a caridade e as obras de misericordia non precisan ser exhibidas como un trofeo”

Amais, durante a tarde deste mesmo 8 de decembro e como xa é tradición entre os Pontífices, o Papa Francisco rendeulle homenaxe á Virxe María na estatua que representa a súa Inmaculada Concepción na romana Praza de España. Ante este monumento, o Papa rezou e depositou un ramo de flores.

Esta é a oración do Papa Francisco:

Oh María Inmaculada

reunímonos ao teu arredor unha vez máis.

Canto máis seguimos na vida

máis a nosa gratitude a Deus aumenta

por ternos dado como nai, a nós, que somos pecadores,

Ti, que es a Inmaculada.

Entre todos os seres humanos, es a única

preservada do pecado, como a nai de Xesús,

Año de Deus que tira o pecado do mundo.

Mais o teu privilexio único,

foiche dado polo ben de todos nós, os teus fillos.

De feita, ollándote, vemos a vitoria de Cristo,

a vitoria do amor de Deus sobre o mal:

onde abundaba o pecado, é dicir, no corazón humano,

a gracia se desbordou,

polo suave poder do Sangue de Xesús.

Ti, Nai, lémbrasnos que si, somos pecadores,

mais xa non somos escravos do pecado!

O teu fillo, co seu sacrificio,

rompeu o dominio do mal, gañou o mundo.

Isto dillo o teu corazón a todas as xeracións

tan claro coma o ceu onde o vento disolveu cada nube.

E entón, lémbrasnos que non é o mesmo

ser pecadores e ser corruptos: é moi diferente.

Unha cousa é caer, pero despois erguerse arrepentido, confesalo

e levantarse novamente coa axuda da misericordia de Deus.

Outra cousa é a conivencia hipócrita co mal,

a corrupción do corazón, que se amosa impecable por fóra,

mais por dentro está cheo de malas intencións e mesquiños egoísmos.

A túa pureza clara lémbranos a sinceridade,

a transparencia, a simplicidade.

Canto precisamos ser liberados da

corrupción do corazón, que é o perigo máis grave!

Isto parécenos imposible porque somos tan adictos,

e malia todo está ao alcance da man. Basta mirar cara arriba

ao teu sorriso de nai, a túa beleza virxe, incontaminada,

para volver a sentir que non estamos feitos para o mal,

senón para o ben, para o amor, para Deus!

Por iso, oh Virxe María,

hoxe te confío a todos aqueles que nesta cidade

e en todo o mundo están oprimidos pola desoconfianza

do desánimo polo pecado;

aqueles que pensan que para eles non hai máis esperanza,

que as súas faltas son demasiadas e demasiado grandes

e que Deus non ten tempo que perder con eles.

Confíochos porque non es só unha nai

e como tal nunca deixar de amar aos teus fillos,

senón que tamén es a Inmaculada, chea de gracia,

e podes reflectir dende dentro a escuridade máis profunda

dun raio de luz de Cristo resucitado.

El, e só El, rompe as cadeas do mal,

libera das adiccións máis implacables,

disolve os lazos máis criminais,

suaviza os corazóns máis endurecidos.

E se isto acontece dentro das persoas,

como cambia a face da cidade!

En pequenos xestos e en grandes eleccions,

os círculos viciosos vólvense virtuosos pouco a pouco,

a calidade de vida mellora

e o clima social é máis transpirable.

Dámosche grazas, Nai Inmaculada,

por lembrarnos que, polo amor de Xesucristo,

xa non somos escravos do pecado,

senón libres, libres de amar, de amarnos,

para axudarnos como irmáns, aínda que sexan diferentes a nós

e grazas por ser diversos entre nós.

Grazas porque, coa túa sinceridade, anímasnos a

non avergoñarnos do ben, senón do mal;

axúdanos a manter alonxado do malgino;

que co engano nos atrae cara el, en agullas de morte;

danos a doce lembranza de que somos fillos de Deus,

Pai de inmensa bondade,

fonte eterna de vida, beleza e amor.

Amén.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp