22 de Xullo de 2024

,

Santa María Magdalena
22 de Xullo de 2024

,

Santa María Magdalena

«A través da Cruz, chegar á luz», durante a Semana Santa de Tui

«A través da Cruz, chegar á luz», durante a Semana Santa de Tui
FOTO.- José María Lores, profesor jubilado del IES «San Paio» de Tui, fue el pregonero de la Semana Santa tudense

O domingo 17 de marzo, domingo da V semana de Coresma, na capela das Reliquias de templo catedralicio, José María Lores, profesor xubilado do IES «San Paio » de Tui e pregoeiro da Semana Santa tudense, convido á cidade do Miño «a facer este tránsito entre as últimas etapas dun Cristo que sofre e agoniza para a nosa redención e a xornada triunfante dun Cristo resucitado, vencedor da morte e do pecado.».

Tendo en conta que «as orixes míticas desta cidade son gregas», José María Lores realizou un percorrido cotexando algunhas «das nosas liturxias e tradicións nestes días coas dos nosos irmáns os cristiáns ortodoxos gregos».

Para finalizar, o profesor Lores alentou aos fieis para «ser cireneos que axudemos a levar a cruz dos nosos irmáns que, na distancia ou ao noso carón, son outros Cristos sufrintes: os que viven na intemperie, os desafiuzados por doenzas incurábeis, os migrantes que arriscan a súa vida atravesando os mares en febles caiucos, os anciáns que viven en soidade, os famentos de corpo ou de espírito, as vítimas de todo tipo de violencia física ou psíquica, os desempregados… os que na terra pola que andou Xesús aturan a cruenta realidade da guerra… Todos eles son os novos Cristos deste mundo globalizado, non podemos allearnos das súas dores se queremos vivir unha Semana Santa cristiá de certo e se buscamos construír, aquí e agora, un adianto da Xerusalén celestial».

A celebración deste acto de lectura do pregón da Semana Santa é unha iniciativa da asociación «Amigos da Catedral de Tui», en colaboración co cabido catedral de Tui a Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia e o concello de Tui. Desde o ano 2012, realízase este acto para a promoción do valores espirituais e culturais das celebracións da Semana Santa tudense que teñen unha historia de séculos e contan con singulares tradicións de alto valor como parte do noso patrimonio inmaterial.

Pregón de la Semana Santa de Tui 2024 | © Diocese Tui-Vigo
Los actos de la Semana Santa tudense dieron comienzo la lectura del pregón el 17 de marzo, en la capilla de las Reliquias de la catedral de Tui
« de 7 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp