10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

A TVG retransmitirá a misa dominical desde Ponteareas

A TVG retransmitirá a misa dominical desde Ponteareas
FOTO.- Iglesia de San Miguel de Ponteareas | © Wikiloc

Coincidindo coa solemnidade litúrxica do Corpus Christi —o corpo e o sangue de Cristo—, o domingo 2 de xuño, ás 10.00 horas, a Televisión de Galicia (TVG) retransmitirá a eucaristía dominical en galego desde o templo parroquial de San Miguel de Ponteareas, presidida polo delegado diocesano de Catequese e párroco de Arnoso , Cristiñade, Guláns e Nogueira, Gonzalo Otero; ademais, o coro parroquial de Guláns animará a liturxia co canto. A celebración poderá seguirse tamén a través da web da TVG, clicando na seguinte ligazón.

De forma habitual, os domingos, a TVG retransmite a Santa Misa desde o templo parroquial de San Frutuoso en Santiago de Compostela, presidida polo sacerdote e delegado de Medios de Comunicación Social da arquidiocese compostelá, Manuel Blanco.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp