20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

A TVG retransmitirá a misa dominical desde Soutomaior

A TVG retransmitirá a misa dominical desde Soutomaior

Ás 10 horas do próximo domingo, 11 de xullo, a Televisión de Galicia (TVG) retransmitirá a eucaristía dominical desde o templo parroquial de Soutomaior, presidida polo seu párroco e Vigairo de Pastoral da diocese de Tui-Vigo, José Vidal. Tamén será posible seguila a través da web de TVG, clicando na seguinte ligazón.

A celebración coincide coa festa de  san Benito, patrón de Europa e do barrio de Romariz na citada parroquia do Divino Salvador. Con tal motivo, ao termo da eucaristía, haberá procesión ao redor do templo e entoarase o canto dos gozos de  san Benito, que son composicións poéticas populares que se cantan en honra á Virxe, a Cristo ou aos santos, no marco dun acto relixioso como acción de grazas ou pregaria.

A Santa Misa da TVG retransmítese cada domingo habitualmente desde o templo parroquial de San Fructuoso en Santiago de Compostela, a cargo do sacerdote delegado de Medios de Comunicación Social da Arquidiocese compostelá,  Manuel Blanco.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp