18 de Xaneiro de 2025,
Santa Margarita de Hungría

«A vida, boa noticia», lema da Xornada pola Vida 2024

«A vida, boa noticia», lema da Xornada pola Vida 2024

«A vida, boa noticia» é o lema que se propón para a Xornada pola Vida 2024, que a Igrexa celebra o 25 de marzo, solemnidade da Anunciación do Señor, pero que este ano, ao coincidir co luns Santo, trasládase ao 8 de abril. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española foi a encargada de elaborar os materiais para a súa celebración e difusión.

Na mensaxe publicada con motivo desta xornada, os bispos de España expoñen a vida como unha boa noticia sempre. Así, afirman, «debe ser recibida e valorada e coidada, desde a súa concepción ata a súa morte natural». A vida non é «un dereito absoluto á libre disposición do criterio humano» é «un don de Dios» e este é o motivo «máis profundo» para que sexa considerada «unha boa noticia». Os bispos distinguen entre o don que «é algo que acollemos porque se nos entrega» e o dereito que «é algo que nós podemos esixir, cos seus límites no caso da vida». Tamén sinalan a diferenza entre agasallo e don. O primeiro, «é algo que se me dá para que dispoña diso como queira», mentres que o don «implica unha tarefa, unha responsabilidade», cunhas implicacións ao comezo, no transcurso e ao final da vida.