25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

A vigairía para o Clero organizou un retiro coresmal para sacerdotes e diáconos

A vigairía para o Clero organizou un retiro coresmal para sacerdotes e diáconos
FOTO.- Sacerdote asistentes al retiro de Cuaresma en el Seminario Mayor de Vigo.

Co obxectivo de ofrecer un espazo de preparación comunitaria para a celebración da Semana Santa, o mércores 20 de marzo, a vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo organizou un retiro de Coresma para sacerdotes e diáconos na capela do Seminario Maior «San Xosé».

O delegado diocesano de Migracións, Alberto Montes, foi o encargado de dirixir a meditación, á que seguiu un intre de silencio e oración persoal. A continuación, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a liturxia da celebración penitencial, na que os sacerdotes tiveron oportunidade de achegarse ao sacramento da Reconciliación.

Esta xornada de oración e preparación para a Semana Santa finalizou cun xantar de confraternidade no salón do Seminario Maior.

Neste curso pastora, a vigairía episcopal para o Servizo ao Clero quere destacar a importancia e a necesidade do ministerio ordenado na renovación pastoral da comunidade parroquial en orde ao exercicio da Sinodalidad.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp