O pontífice Xoán Paulo II instaurou en 1995 a Xornada Mundial da Vida Consagrada que, este ano, celebra o seu 25 aniversario durante o 2 de febreiro, coincidindo coa festa da Presentación de Xesús no templo, baixo o lema «A vida consagrada, parábola de fraternidade nun mundo ferido».
Con esta Xornada, a Igrexa, tal e como explicaba Xoán Paulo II, «pon en valor o testemuño de quen elixiu seguir a cristo de preto mediante a práctica de consellos evanxélicos e, ao mesmo tempo, quere ser para as persoas consagradas unha ocasión propicia para renovar os propósitos e reavivar os sentimentos que deben inspirar a súa entrega ao Señor» (Vita Consecrata, n, 110).
A Conferencia Episcopal Española, a través da Comisión para a Vida Consagrada, publicou os materiais que axudarán a vivir con maior intensidade esta Xornada a través de testemuños de relixiosos e relixiosas de diferentes puntos de España e textos do Maxisterio da Igrexa e do papa Francisco ao longo do seu pontificado, que poden contribuír a unha mellor comprensión do significado desta vocación.
Tal e como explica o delegado episcopal de Vida Consagrada, Alfredo García, na súa nota sobre a celebración diocesana, a Xornada pide que cada comunidade cristiá —parroquias, colexios, comunidades relixiosas, etc.— eleve a acción de grazas e a oración de intercesión polo aumento de vocacións e a fidelidade dos chamados a esta vocación específica.
Dada a situación de pandemia que se está a vivir, os materiais quedan ao dispor dos interesados e poden descargarse a través das seguintes ligazóns.