23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo
23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo

Aberta a inscrición para a XXIV «Xornada de capeláns de hospital e centros socio-sanitarios de Galicia»

Aberta a inscrición para a XXIV «Xornada de capeláns de hospital e centros socio-sanitarios de Galicia»

O 5 de febreiro, ás 10 horas, na casa diocesana de exercicios espirituais, Via Lucis, en Santiago de Compostela, o secretariado interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia organiza a XXIV «Xornada de capeláns de hospital e centros socio-sanitarios de Galicia». Os interesados en participar poden inscribirse, antes do 31 de xaneiro, a través da delegación diocesana de Tui-Vigo, enviando un correo electrónico a: saude@diocesetuivigo.org.

«E a pesar de todo, esperanza. A resiliencia de Xob» é o lema desta xornada formativa que contará coa presenza de José Ramón Amor Pan, coordinador do Observatorio de Bioética e Ciencia da Fundación Pablo VI.

Sobre o relator

Natural da Coruña, José Ramón Amor Pan é doutor en Teoloxía Moral, diplomado en Dereito e máster en Cooperación ao Desenvolvemento. Desde o ano 2017, é coordinador do Observatorio de Bioética e Ciencia da Fundación Pablo VI. Previamente, exerceu como director de Relacións Institucionais da fundación Hogar Santa Margarita.

Publicou numerosos artigos e é autor de cinco libros: Bioética y Neurociencias: vino viejo en odres nuevos (2015), Bioética y dependencia (2010), Ética y discapacidad intelectual (2007), Introducción a la Bioética (2005) e Afectividad y sexualidad en la persona con deficiencia mental (1997).

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp