29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Abertas as inscricións da peregrinación a Fátima para a mocidade

Abertas as inscricións da peregrinación a Fátima para a mocidade

Do 17 ao 21 de marzo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo participará, por sétima vez consecutiva —fóra do ano 2021, que foi on-line a causa da pandemia da covid-19—, na peregrinación ao santuario de Fátima que organiza Jóvenes por el Reino de Cristo (JRC) e que, cada ano, reúne a máis dun milleiro de mozos e mozas de entre 16 e 35 anos cumplidos.

O custo da inscrición é de 170 euros, que cobren o transporte, aloxamento e todas as actividades que se realicen durante a peregrinación. O prazo de inscrición finaliza o 26 de xaneiro, por iso, a delegación de Pastoral Xuvenil lembra que é importante inscribirse canto antes, xa que a aceptación ou non dos participantes non depende directamente deles. Os interesados poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

A delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria convida a todos os sacerdotes e axentes responsables da pastoral con mozas de parroquias, movemento ou asociacións da diocese para animar aos mozos para participar, xa que se trata dunha experiencia na que poderán coñecer a outros mozos de distintos puntos de España. Ademais, explican, pode ser un plan alternativo para os días festivos de Entroido. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp