Como cada ano, os mozos da nosa Diocese terán a oportunidade de participar na xa tradicional peregrinación a Fátima (Portugal) para visitar o lugar das aparicións da Virxe María e encontrarse con xente nova de toda España que realiza tamén esta peregrinación do 21 ao 25 de febreiro.
Poden participar todos os rapaces de 18 a 35 anos cumpridos antes do 21 de febreiro. O prezo da peregrinación é de 150€. A inscrición realízase cubrindo o formulario ao que se pode acceder desde esta ligazón.
Toda a información pode atoparse na propia páxina web da Pastoral Xuvenil.