9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

Abertas as inscricións para o retiro de Proyecto Amor Conyugal

Abertas as inscricións para o retiro de Proyecto Amor Conyugal

Abríronse xa as inscricións para o Retiro para Matrimonios “La Verdad del Matrimonio y la Alegría del Amor”, que organiza na nosa Diocese a iniciativa “Proyecto de Amor Conyugal” en colaboración coa Parroquia de San Miguel de Oia (Pontevedra). O obxectivo é profundizar xuntos na “verdade do matrimonio” cristián seguindo as catequeses da Teoloxía do Corpo de san Xoán Paulo II, e tendo a oportunidade de experimentar “a alegría do amor” tal e como ten manifestado en numerosas ocasións o Papa Francisco.

Trátase dun retiro destinado a tódolos esposos unidos polo Sacramento do matrimonio que queiran vivir xuntos uns días para fortalecer e reavivar o seu amor, estean en crise ou non.

Será dende o venres 31 de xaneiro ás 18h ata o domingo 2 de febreiro ás 17:30h no Seminario Menor San Paio (Paseo de Calvo Sotelo, nº4, 36700 – Tui). O prezo é de 220€ por matrimonio; inclúe aloxamento, pensión completa e gastos diversos, cun suplemento económico voluntario para axudar a outras familias con dificultades económicas que queren facer o retiro.

Para realizar a inscrición, cómpre inscribirse no seguinte enlace aberto dende o 18 de novembro: https://forms.gle/MWw2XGaZkiWgbqcS7. Convidamos aos matrimonios interesados a apuntarse o antes posible, xa que as prazas son limitadas. Este retiro está especialmente destinado para a Diocese de Tui-Vigo, e polo tanto terán preferencia os matrimonios pertencentes á nosa Diocese.

Os organizadores contactarán cos que teñan cuberto o formulario para confirar a reserva de praza e dar as instrucións para realizar o pago ou indicar se os interesados se atopan en lista de espera en caso de que non houbese prazas dispoñibles. Para calquera dúbida, pódese escribir a retiroProyectoAmorConyugal@gmail.com

É posible ampliar información sobre Proyecto Amor Conyugal na súa páxina web https://proyectoamorconyugal.es/.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp