7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Aberto o prazo para inscribirse en «Ágora: Escola de formación teolóxica, ministerios e servizos»

Aberto o prazo para inscribirse en «Ágora: Escola de formación teolóxica, ministerios e servizos»

Xa está aberto o prazo para inscribirse en «Ágora: escola de formación teolóxica, ministerios e servizos», un organizamos diocesano de formación vinculado ao Centro Teolóxico «San Xosé» de Vigo. Neste curso 2025-2026, impartiranse as seguintes clases: Teoloxía Moral, o misterio de Dios, introdución ao Novo Testamento e Antropoloxía Cristiá. Ademais, tamén se abordarán dúas das liñas específicas de formación: o acolitado e o lectorado.

Os interesados en participar nesta nova iniciativa formativa poden reservar praza antes do 1 de outubro a través do correo electrónico vicariopastoral@diocesetuivigo.org. A inscrición nesta escola de formación teolóxica, ministerios e servizos ten un custo individual de 30€. O acto de inauguración será o mércores 1 de outubro, ás 20.00 horas, no salón de actos do Seminario Maior.

 A escola diocesana de formación Ágora, que funcionou desde o ano 2008, toma impulso redefiníndose como unha Escola de Teoloxía, ministerios e servizos cuxo obxectivo é formar a todas as persoas que queiran profundar nos seus coñecementos teolóxicos e, de maneira específica, a aquelas persoas que realizan, ou desexan realizar, algún servizo ou ministerio dentro da comunidade cristiá —persoas que exercen o acolitado, o lectorado, a animación litúrxica, o voluntariado, etc., así como catequistas ou outros axentes de pastoral—.