30 de Abril de 2025,
San Pío V

Sabes que é a acción pastoral da Igrexa?

Sabes que é a acción pastoral da Igrexa?

Este domingo, 8 de novembro, celébrase o Día da Igrexa Diocesana co obxectivo de visibilizar as diferentes accións (celebrativa, pastoral, evanxelizadora, educativa, cultural e  caritativa-asistencial) da Igrexa e agradecer a colaboración de miles de persoas que fan posible todas as actividades porque, como di o lema deste ano, «somos o que ti nos axudas a ser».

No seu informe do 2018, a Conferencia Episcopal Española explica que, a través da acción pastoral, a Igrexa encárgase do acompañamento persoal dos fieis: os momentos esenciais da vida de cada persoa, que teñen o seu reflexo na celebración da Iglesia, desde o nacemento á fe polo bautismo ou a recuperación da vida cristiá polo  sacramento do perdón, ata a celebración do amor humano no matrimonio ou o acompañamento nos  momentos da debilidade mediante a unción dos enfermos.

Na Diocese de Tui-Vigo está acción pastoral realízase grazas ao labor incansable de 189 sacerdotes e 4  diáconos permanente, xunto cos máis de 300 relixiosos/ as e máis de 40 monxes/ as de clausura.  Neste sentido, a Igrexa de Tui-Vigo investiu ao redor do 27% do orzamento do 2019 no sostemento do clero diocesano.

A actividade da Diocese tampouco sería posible única e exclusivamente cos sacerdotes. Eles necesitan dos diferentes axentes de pastoral, laicos e laicas que voluntariamente poñen ao servizo as súas calidades, para levar a cabo a principal misión da Igrexa: a  evangelización, é dicir, vivir, celebrar, ensinar e testemuñar a fe en Xesucristo como o Fillo de Deus.

Para a consecución desa misión, a Diocese de Tui-Vigo sérvese das diferentes Delegacións Episcopais nas que traballan conxuntamente  presbíteros e  seglares. En toda esa actividade pastoral a Igrexa diocesana investiu máis de 877.000€ durante o ano 2019.

Como é o traballo deses sacerdotes? Como se benefician o  seglares desa actividade pastoral? A resposta a esas preguntas ofrécena tres mozos da Diocese a través do seu testemuño: Sebastián Castro e Juan de  Olazábal, ordenados sacerdotes o 7 de xullo de 2019; e Sara  Gaviño colaboradora, desde fai máis dunha década, na súa parroquia de San Benito de Gondomar e na Delegación de Pastoral Xuvenil.