A Igrexa celebra o 11 de febreiro, festividade da Nosa Señora de Lourdes, a Xornada Mundial do Enfermo. Este día iníciase a Campaña que conclúe o 22 de maio, cando a Igrexa en España celebra a Pascua do Enfermo.
«Acompañar no sufrimento» é o lema que propón o departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española, que editou os materiais para esta Xornada instituída hai 30 anos por san Xoán Paulo II para sensibilizar sobre a necesidade de asistir aos enfermos e a quen os coida.
O papa Francisco, na súa mensaxe, lembra con agradecemento que neste tempo avanzouse bastante, pero, puntualiza, «aínda queda moito camiño por percorrer para garantir a todas as persoas enfermas, principalmente nos lugares e nas situacións de maior pobreza e exclusión, a atención sanitaria que necesitan, así como o acompañamento pastoral para que poidan vivir o tempo da enfermidade unidos a Cristo crucificado e resucitado».