25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

Actos da Semana Santa 2024 en Mondariz-Balneario

Actos da Semana Santa 2024 en Mondariz-Balneario

A parroquia da nosa Señora de Lurdes e a confraría do Santo Enterro e Virxe das Dores de Mondariz-Balneario publicou o programa de actos para a Semana Santa 2024, a cita máis importante do calendario cristián no que se celebra a paixón, morte e resurrección de Xesucristo.

O Xoves e o Venres Santo os actos propios dese día darán comezo ás 19 horas no templo parroquial. O 28 de marzo, tras a celebración da eucaristía, ás 21 horas, haberá unha Hora Santa na igrexa. O venres 29 de marzo, ás 21 horas, finalizada a celebración da Paixón do Señor, dará comezo a procesión do Santo Enterro acompañada pola banda de música Unión de Guláns.  O sábado, ás 21 horas, celebrarase a vixilia pascual.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp