A parroquia da nosa Señora de Lurdes e a confraría do Santo Enterro e Virxe das Dores de Mondariz-Balneario publicaron o programa de actos para a Semana Santa 2024, a cita máis importante do calendario cristián durante a que se celebra a Paixón, morte e resurrección de Xesús.
O programa inclúe os horarios das principais celebracións do Triduo Pascual. O Xoves Santo, ás 20.00 horas, celebrarase a eucaristía; como é habitual nesta xornada, ás 21.00 horas, organízase unha hora santa. O oficio do Venres Santo dará comezo ás 20.00 horas e, ás 21.30 horas, levará a cabo a procesión do Santo Enterro, acompaña da Banda de Música Unión de Guláns. Finalmente, o sábado, ás 21.00 horas, celebrarase a vixilia pascual no templo parroquial da Nosa Señora de Lurdes.