3 de Marzo de 2024

,

Santos Emeterio y Celedonio
3 de Marzo de 2024

,

Santos Emeterio y Celedonio

Actos de Semana Santa en Mondariz-Balneario

Actos de Semana Santa en Mondariz-Balneario

A parroquia da nosa Señora de Lurdes e a confraría do Santo Enterro e Virxe das Dores de Mondariz-Balneario publica o programa de actos para a Semana Santa 2023, durante o Triduo Pascual, a cita máis importante do calendario cristián no que se celebra a paixón, morte e resurrección de Xesucristo.

O Xoves e o Venres Santo os actos propios dese día darán comezo ás 20 horas no templo parroquial. O venres 7 de abril, ás 21.30 horas, tras a celebración da Paixón do Señor, dará comezo a procesión do Santo Enterro acompañada pola banda de música cultural de Mondariz.  O sábado, a Vixilia Pascual, celebrarase ás 21.30 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp