19 de Abril de 2024

,

San León IX
19 de Abril de 2024

,

San León IX

Agora, colaborar coa túa diocese e a túa parroquia é aínda máis fácil

Agora, colaborar coa túa diocese e a túa parroquia é aínda máis fácil
Foto: Cartel de la campaña navideña del portal «Dono a mi Iglesia».

O pasado 26 de novembro, o Secretariado para o Sostemento da Igrexa da Conferencia Episcopal Española estreou unha versión máis fácil e intuitiva do portal «Dono a mi Iglesia». Con esta remodelación, a Igrexa de España quere reducir o número de incidencias do portal e incrementar a usabilidade para os usuarios.

Grazas a este portal web, os fieis das parroquias da diocese de Tui-Vigo —e do resto de España— poderán colaborar de forma asidua e sistemática no sostemento da Igrexa cuxa misión e labor non podería realizar sen a contribución de cada unha das persoas que forman parte do pobo do Deus.

Ademais das achegas que se poden realizar a dioceses e parroquias, neste novo deseño incluíronse novos apartados de doazóns para seminarios e outras institucións eclesiais. 

Con motivo desta remodelación, o Secretariado para o Sostemento da Iglesia lanzou unha campaña  previa ao Nadal para visibilizar o novo portal e animar á colaboración co obxectivo de manter vivas as parroquias nesta época do ano. Para acceder ao portal, só fai falta acender a cámara do teléfono móbil e escanear o código  QR que aparece no propio cartel informativo, dispoñible en castelán e en galego. 


As parroquias interesadas en personalizar o seu cartel (clica na seguinte ligazón para ver un exemplo) poden poñerse en contacto
coa Oficina de Medios de Comunicación Social a través do correo electrónico: medios@diocesetuivigo.org.

Cartel en castelán

Cartel en galego

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp