28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

«Amigos da Catedral de Tui» organiza a exposición «Beléns do mundo» con máis de 300 beléns na catedral tudense

«Amigos da Catedral de Tui» organiza a exposición «Beléns do mundo» con máis de 300 beléns na catedral tudense
Foto: Piezas del Belén de la catedral de Tui | © Amigos da catedral de Tui

Desde o venres 23 de decembro, ás portas do Nadal, está aberta ao público a exposición «Beléns do mundo» que organiza a asociación de «Amigos da Catedral de Tui», xunto co cabido catedralicio. Como cada ano, a catedral de Tui acollerá máis de 300 beléns procedente dos cinco continentes, que constitúen unha fermosa expresión de arte e devoción popular dos máis de cincuenta países representados nas vitrinas desta Exposición, entre os que destacan novas pezas procedentes de diversos países de África.

Quen acuda a visitar «Beléns do mundo» tamén poderán gozar do Belén monumental da catedral tudense que chega, como cada ano, axuntando un centenar de figuras e diversas escenas que rememoran os episodios bíblicos relacionados co nacemento de Xesús.

Tanto a exposición «Beléns do mundo» como o belén monumental da catedral permanecerán ao dispor do público ata ao 8 de xaneiro de 2023, no horario habitual do templo catedralicio: pola mañá desde as 10.45 ata as 14 horas, de luns a sábado, e desde as 9 ata as 12.45 horas, durante os domingos; pola tarde poderá accederse desde as 16 horas ata as 19 horas calquera día da semana.

Nestas datas do Nadal desde a Asociación convídase a toda a sociedade a visitar esta exposición e lembran as palabras do papa Francisco que sinala que o belén “é realmente un exercicio de fantasía creativa, que utiliza os materiais máis dispares para crear pequenas obras mestras cheas de beleza. Apréndese desde niños:  cando papá e mamá, xunto aos avós, transmiten esta alegre tradición, que contén en si unha rica espiritualidade popular. Espero que esta práctica nunca se debilite; es máis, confío en que, alí onde caese en desuso, sexa descuberta de novo e revitalizada”.

Lembrar tamén que o vindeiro martes 3 de xaneiro ás 17.00 horas a Catedral tudense acollerá tamén unha nova edición do «Concurso de Panxoliñas».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp