A parroquia de Santiago o Maior de Vigo inaugura hoxe a preparación para a Semana Santa cun pregón-meditación que encargou a Ángel Carnicero, delegado de Pastoral Vocacional e formador do Seminario Maior de Vigo. Será hoxe, venres 26, ás 19:30 da tarde despois da misa solemne en honra á Virxe das Dores.
Para a próxima semana, o párroco José Antonio Marzoa destinou desde as 19 horas do luns, martes e mércores santos, a momentos de reflexión e adoración eucarística, seguida despois da celebración da misa. O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía do mércores ás 19:30 da tarde.
No que respecta ao resto de actos da Semana Santa nesa parroquia de Santiago o Maior a misa vespertina da Cea do Señor (xoves) e o oficio da Paixón (venres) comezarán ás cinco da tarde. O Xoves Santo, haberá unha Hora Santa ás 18:30 horas, ao termo da misa; tamén o Venres Santo, á mesma hora, celebrarase un Via Crucis. Finalmente, a Vixilia Pascual celebrarase ás 19:30 horas da tarde.
Desde a parroquia lembran que os aforos estarán limitados e que é imprescindible manter en todo momento as medidas de hixiene e seguridade estipuladas polas autoridades sanitarias.